Ferida de consideración unha persoa despois de colisionar dous camións en Allariz

Ferida de consideración unha persoa despois de colisionar dous camións en Allariz
Ferida de consideración unha persoa despois de colisionar dous camións en Allariz

No momento de producirse o accidente, ao fío das 20:45 horas, os vehículos circulaban pola A-52, á altura do punto quilométrico 206, sentido Verín

Unha colisión por alcance entre dous vehículos, unha furgoneta e un camión, deixou a pasada tarde unha persoa ferida de consideración no concello ourensán de Allariz.

No momento de producirse o accidente, ao fío das 20:45 horas, os vehículos circulaban pola A-52, á altura do punto quilométrico 206, sentido Verín. Foi a esa hora, cando varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia dun choque entre un camión –cargado con bidóns de disolvente- e unha furgoneta. Afortunadamente, ningún dos materiais da carga do camión viuse afectado.

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Xinzo de Limia e os servizos sanitarios de urxencia que mobilizaron ata ao lugar do sinistro o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, ata o lugar desprazáronse nada máis ser alertados polo 112 Galicia os axentes da Garda Civil de Tráfico, o persoal da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, foi informado o servizo de mantemento da estrada para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Comentarios