Un incendio en Negueira de Muñíz derrúa unha vivenda por completo

Un incendio en Negueira de Muñíz derrúa unha vivenda por completo
Un incendio en Negueira de Muñíz derrúa unha vivenda por completo

Os feitos sucederon no lugar de Pena da Nogueira, ao fío das 19:00 horas

Un incendio declarado nunha casa en Negueira de Muñíz mobilizou aos servizos de emerxencia a pasada tarde. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume, que se orixinou nunha estufa, deixou calcinada a vivenda por completo. A pesar diso, os efectivos que traballaron arreo na extinción do incendio lograron que unha casa lindeira non se vise afectada polas lapas.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Barreiros, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Negueira, ademais dos servizos de emerxencia de Asturias. Tamén foron informados do incendio os Bombeiros de San Cibrao, os Bombeiros de Sarria e o GES do Pereiro, da Pontenova e de Becerreá.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume quedou sufocado ao redor das 00:15 horas.

Comentarios