Arde por completo un anexo dunha vivenda en Covelo

Arde por completo un anexo dunha vivenda en Covelo
Arde por completo un anexo dunha vivenda en Covelo

O incendio quedou extinguido ao fío das 22:30 horas

En Covelo, un incendio provocou que un anexo a unha casa rematase calcinado por completo. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

O lume tivo lugar no lugar de Portocortiñas, uns minutos despois das 21:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES e Bombeiros de Ponteareas, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Comentarios
Lo más