Localizan a unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso

Localizan a unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso
Localizan a unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso

Grazas ao servizo de Whatsapp puidose localiza a muller 

O envío das coordenadas a través do sistema de xeolocalización da aplicación WhatApp permitiu localizar esta mañá a unha muller de idade avanzada que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso no Rosal. A señora camiñaba cun grupo de persoas maiores pola zona dos Muíños do Picón e do Folón cando escordou un nocello e non puido continuar a marcha.

Co fin de enviar a axuda na maior brevidade posible, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron á persoa que deu conta dos feitos ao 112 Galicia o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxería instantánea.

Nada máis ter constancia da localización, os servizos de emerxencia, alertados polo 112 Galicia, puideron acceder ao lugar onde atopábase a muller seguindo as indicacións facilitadas. Deste xeito, puideron intervir os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Local e o GES da Guarda.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros do Baixo Miño, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal e aos axentes da Garda Civil.

Comentarios