O Coro da Rá protagoniza unha nova proposta musical dentro do proxecto "Sonoro empeño"

O Coro da Rá protagoniza unha nova proposta musical dentro do proxecto "Sonoro empeño"
O Coro da Rá protagoniza unha nova proposta musical dentro do proxecto "Sonoro empeño"

A agrupación vocal ofrecerá unha performance hoxe xoves 13 de xuño a partir das 19:30 horas na Sala de exposicións e arredores

A agrupación vocal O Coro da Rá realizará unha actuación no marco do proxecto multidisciplinar "Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación" hoxe xoves 13 de marzo, a partir das 19.30 h. A performance terá lugar nos arredores da Sala de Exposicións, na praza de Cervantes, onde convidarán os viandantes a unirse a eles e participar. A continuación pasarán ao interior do Centro Obra Social ABANCA onde finalizará a función.

O Coro da Rá é o coro residente de Estudo da Escola de Música de Santiago de Compostela, fundado no ano 1993. O seu repertorio céntrase na música popular moderna, sobre todo en estilos como o soul, o gospel, jazz, rock, pop, ou a música étnica. Unha dos seus acenos característicos son os "concertos comando", intervencións de rúa onde tentan sorprender á xente coa súa música a capela.

Levou os seus espectáculos aos máis grandes teatros de Galicia: o Teatro Afundación de Vigo, Teatro Colón da Coruña, Salón Teatro e Teatro Principal de Santiago de Compostela, Pazo da Cultura e Teatro Principal de Pontevedra, etc. Participou en multitude de programas da TVG e puxo música a galas como as dos Premios da Cultura de Galicia, Mestre Mateo e María Casares.

Esta proposta inclúese na extensa programación de actividades organizada pola Obra Social de ABANCA no marco do proxecto multidisciplinar "Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación" e responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás Coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de amosar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 15 de setembro no Centro Obra Social ABANCA, de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 h, e os sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h, e contará con servizo de audioguía.

Comentarios