O BNG de Ordes amosa o seu rexeitamento á instalación dunha nova liñá de alta tensión

O BNG de Ordes amosa o seu rexeitamento á instalación dunha nova liñá de alta tensión
O BNG de Ordes amosa o seu rexeitamento á instalación dunha nova liñá de alta tensión

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “o concello de Ordes está saturado de liñas eléctricas que limitan o desenvolvemento agrogandeiro, forestal e urbanístico da contorna afectada”

Os nacionalistas veñen de rexistrar unha alegación propoñendo como alternativa a repotenciación das liñas eléctricas existentes.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “o concello de Ordes está saturado de liñas eléctricas que limitan o desenvolvemento agrogandeiro, forestal e urbanístico da contorna afectada”, é polo que propoñen como alternativa “a repotenciación das infraestruturas de transporte de enerxía existentes, evitando deste xeito afectar a novas zonas”.

O BNG de Ordes ven de organizar actos informativos coa veciñanza de cara a expoñer o proxecto e sinalar como afecta o trazado da nova liña que se pretende implantar. Neste sentido Vidal denuncia “a pasividade do alcalde e o seu goberno municipal, ao non informar á veciñanza, nin facilitar a consulta do proxecto posto que non figura ningún enlace na páxina web do concello de Ordes”.

Comentarios