Ferido un operario ao caerlle unha árbore enriba en Vilalba

Ferido un operario ao caerlle unha árbore enriba en Vilalba
Ferido un operario ao caerlle unha árbore enriba en Vilalba

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:30 horas da tarde de onte, nunha zona de monte moi preto da rotonda grande de Vilalba

Un operario resultou ferido de consideración esta tarde na localidade lucense de Vilalba ao caerlle unha árbore enriba, mentres realizaba traballos no monte.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:30 horas da tarde de onte, nunha zona de monte moi preto da rotonda grande de Vilalba. A esa hora, os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia o traslado do traballador ao Centro de Saúde da localidade. Polo que, os xestores de emerxencias informaron aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ao mesmo tempo, os profesionais sanitarios informaban da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o Centro de Saúde.

Unha vez no lugar, os axentes solicitaron ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros de Vilalba, posto que, o traballador foi evacuado nun coche particular e debido á dor causada polas lesións producidas, era necesaria a intervención dos Bombeiros para sacar ao home do interior do turismo.

Finalmente, os efectivos de Protección Civil confirmaron o traslado do ferido na aeronave, desde o Centro de Saúde ata o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Comentarios
Lo más