José Manuel Sande, candidato ao Senado polo grupo En Marea

José Manuel Sande, candidato ao Senado polo grupo En Marea
José Manuel Sande, candidato ao Senado polo grupo En Marea

O grupo de En Marea no Parlamento de Galicia acordou onte propoñer a José Manuel Sande como senador de designación autonómica para a XIII Lexislatura das Cortes Xerais. A decisión adoptouse por maioría durante a elección celebrada entre as deputadas do grupo, na que Sande obtivo oito votos a favor, fronte a un único voto a favor de Mariló Candedo.

O grupo de En Marea no Parlamento de Galicia acordou onte propoñer a José Manuel Sande como senador de designación autonómica para a XIII Lexislatura das Cortes Xerais. 

A decisión adoptouse por maioría durante a elección celebrada entre as deputadas do grupo, na que Sande obtivo oito votos a favor, fronte a un único voto a favor de Mariló Candedo. Unha das deputadas abstívose, e outras catro non manifestaron adscripción a ningunha das dúas opcións.

José Manuel Sande é programador cultural e escritor cinematográfico, e posúe unha extensa traxectoria como activista social. Licenciado en Filoloxía Hispánica, entre o 2015 e o 2019 foi concelleiro de Culturas do Concello da Coruña durante o Goberno da Marea Atlántica.

Comentarios
Lo más