Todo listo no Gaiás para acoller a II Feira Piteas na que se reunirán alumnos de toda Galicia

Todo listo no Gaiás para acoller a II Feira Piteas na que se reunirán alumnos de toda Galicia
Todo listo no Gaiás para acoller a II Feira Piteas na que se reunirán alumnos de toda Galicia

Un total de 17 centros escolares exporán os seus proxectos neste evento que inaugurará a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

Un total de 17 centros escolares de toda Galicia daranse cita mañá na Cidade da Cultura con motivo da celebración da III Feira PITEAS, o encontro anual no que as rapazas e rapaces, xunto cos seus profesores, expoñen os proxectos desenvolvidos ao longo do curso e que, principalmente, xiran en torno a temáticas como o coidado do medio ambiente, a ciencia, a tecnoloxía, a inclusión e a cultura.

Trátase de 8 centros da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 2 de Ourense e 5 de Pontevedra, todos eles participantes neste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas, impulsado pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Da provincia da Coruña participan o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela), o CEIP Isaac Peral (Ferrol), o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene), o CEIP Plurilingüe Ponte de Xubia (Narón), o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas), o CPI de Atios (Valdoviño), o CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña) e o CPR Plurilingüe La Inmaculada La Salle (Santiago de Compostela).

Da provincia de Lugo participan o IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada). Por Ourense participan o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar) e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras).

De Pontevedra participan o CEE de Panxón (Nigrán), o CEIP do Carballal (Marín), o CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), o IES A Xunqueira II (Pontevedra), e o CPR Eduardo Pondal (Cangas).

Todos eles contarán cun stand propio onde o público xeral poderá coñecer os proxectos desenvolvidos en cada caso e, a maiores, haberá unha quenda de exposicións específicas que dará comezo as 16,30 horas (xúntase pdf co programa e breve descrición dos proxectos). 

Comentarios