Investigan posibles delitos de corrupción e contra o medio ambiente no concello de Touro

Investigan posibles delitos de corrupción e contra o medio ambiente no concello de Touro
Investigan posibles delitos de corrupción e contra o medio ambiente no concello de Touro

A fiscalía vén agora de solicitar ao concello de Touro a documentación relativa a estas obras

As investigacións teñen que ver coa xestión dos residuos de construción de obras municipais. Os indicios apuntan a que residuos procedentes de obras municipais acabaron enterrados en cunetas de pistas municipais, cando estes tiñan que ser levados e tratados en vertedoiro autorizado. Este feitos foron recoñecidos polo alcalde Ignacio Codesido (PP) ante a prensa meses atrás, apuntando que foi el quen dou o visto bo a dita actuación. No foco dos feitos está tamén o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira (PP).

Segundo o proxecto das obras e os pregos de licitación, os residuos de obra terían que ser xestionados en vertedoiro autorizado, correspondendo ás empresas contratadas o custe dese tratamento, o cal foi incluído no presuposto. Sen embargo, os residuos foron baleirados en cunetas de pistas, polo que os contratistas aforrarían deste xeito os custes de xestión a costa de danar o medio ambiente e incumprir a normativa na xestión de residuos; sen beneficio nin aforro algún para o Concello.

Resulta sospeitosa a conformidade e amparo do rexedor Ignacio Codesido (PP) e do concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira (PP) a estas actuacións, contra os que recae a denuncia por posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública ao terse constatado o incumprimento dos pregos de contratación da licitación.

Comentarios
Lo más