Unha nai e o seu fillo feridos ao ser atropelados en Cambados

Unha nai e o seu fillo feridos ao ser atropelados en Cambados
Unha nai e o seu fillo feridos ao ser atropelados en Cambados

A muller e o seu fillo foron trasladados a un centro hospitalario

Dúas persoas, unha nai e o seu fillo, precisaron asistencia médica esta mañá despois de ser atropelados en Cambados. Sucedeu na Travesía de Vilariño, nas proximidades dun colexio.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 8:45 horas a través da chamada dunha persoa particular e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron  a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros do Salnés e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Finalmente, a muller e o seu fillo foron trasladados a un centro hospitalario.

Comentarios