Santiago homenaxea ao profesorado xubilado neste ano 2019

Santiago homenaxea ao profesorado xubilado neste ano 2019
Santiago homenaxea ao profesorado xubilado neste ano 2019

O alcalde de Santiago en funcións, Martiño Noriega, presidiu o acto, no que se entregou un agasallo a 15 mestres de 10 centros escolares

O Pazo de Raxoi acolleu unha homenaxe aos profesores dos centros de primaria e secundaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano. O alcalde de Santiago en funcións, Martiño Noriega, presidiu o acto, no que se entregou un agasallo a 15 mestres de 10 centros escolares.

Na cerimonia recibiron recoñecemento pola súa traxectoria Rafael Jesús Varela Nogueiras, do IES Antonio Fraguas; Mª José Martín Velasco, do IES Xelmirez; José Matías Lago Peñas, do CEIP Ramón Cabanillas; Ramón Mato Pardal, do CIFP Politécnico; Mª Consolación Mercedes González Aguiar e María de las Mercedes Núñez Alonso, do Colexio Peleteiro; Carmen Barreiro, Celsa García, Guillermo Prieto e Ángeles Seijas, do IES As Fontiñas; Mariano Teiga Costa, do Colexio La Salle; Mª José Rey Mariño, do Colexio La Milagrosa; Felisa Carrera Carrera e Marina Julia Díaz Rifón, do CEIP Pío XII; e Amalia Josefa Pasarín Vázquez, do CEIP López Ferreiro.

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, conduciu o acto, no que tamén interviñeron Amalia Josefa Pasarín, do CEIP López Ferreiro, en representación do profesorado, e Pedro Meijide, director do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, en nome dos directores e directoras dos centros educativos de Compostela.

O alcalde de Santiago en funcións Martiño Noriega, foi o encargado de pechar o acto, no que a nota musical a puxeron Beatriz Martínez (arpa) e Diego Langarika (bouzouki e mandolina), que interpretaron varias pezas tradicionais. 

Comentarios