Alumnos de Durham coñecen Oroso grazas a un programa de intercambio

Alumnos de Durham coñecen Oroso grazas a un programa de intercambio
Alumnos de Durham coñecen Oroso grazas a un programa de intercambio

A iniciativa deriva do traballo e as diferentes viaxes realizadas polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Turismo e diputado provincial, Antonio Leira

Un grupo de alumnos, alumnas e profesoras do centro académico británico Escomb School, do municipio inglés de Bishop Auckland (Durham), coñecen estos días Oroso y A Coruña grazas a un intercambio co CEIP do Camiño Inglés de Oroso.

A iniciativa deriva do traballo e as diferentes viaxes realizadas polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Turismo e diputado provincial, Antonio Leira, que estiveron en varias ocasións en Inglaterra para promocionar o Camiño Inglés e potenciar os intercambios educativos con centros británicos.

O grupo Erasmus+ foi recibido no Pazo de Mariñán por Antonio Leira e visitaron A Coruña, inicio dun dos trazados do Camiño Inglés. Tamén coñeceron Oroso, a Cidade da Cultura de Santiago e outros puntos de interese turístico.
“Para os mozos e mozas, tanto os de Oroso como os ingleses, é unha experiencia fantástica, estamos moi orgullosos no concello de impulsar este tipo de iniciativas, moi valiosas para as novas xeracións”, afirma Leira.

Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés. O ano pasado, Mirás e Leira asinaron en Inglaterra un convenio de colaboración coa asociación Friends of Finchale Camino, equivalente a unha asociación de amigos do Camiño de Santiago.

Oroso conta co único centro de mundo adicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).

Comentarios