O alumnado de grao elemental do conservatorio de Noia ofrecerá hoxe un concerto no Coliseo Noela

O alumnado de grao elemental do conservatorio de Noia ofrecerá hoxe un concerto no Coliseo Noela
O alumnado de grao elemental do conservatorio de Noia ofrecerá hoxe un concerto no Coliseo Noela

Para o vindeiro xoves 20 de xuño queda o concerto do alumnado de 1º, 2º e 3º de grao profesional, que estará acompañado por un conxunto instrumental

O alumnado de Grao Elemental do conservatorio municipal de Noia “Felipe Paz Carbajal” ofrecerá mañá venres o segundo dos catro concertos programados dentro do “Xuño musical 2019”. Nesta ocasión, a actuación terá lugar no Teatro Coliseo Noela mañá venres 14 de xuño, ás 20:30 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Para o vindeiro xoves 20 de xuño queda o concerto do alumnado de 1º, 2º e 3º de grao profesional, que estará acompañado por un conxunto instrumental. O “Xuño Musical 2019” pecharase o venres 28 de xuño cun concerto a cargo do alumnado de 4º, 5º e 6º de grao profesional e un grupo de música de cámara.

O “Xuño Musical” está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Noia, en colaboración co conservatorio municipal “Felipe Paz Carbajal” e o Coliseo Noeal. Ademais, conta co patrocinio de Clínica Juanatey, Cenor Electrodomésticos, Tucho, Recambios BLanco, Carpintería Liñares, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Óptica Nieto, Gadis, Aluminios Severo, Pavimentos Noia e Grafinoia.

Comentarios