Rescatan a un home en Ribeira nun kayak

Rescatan a un home en Ribeira nun kayak
Rescatan a un home en Ribeira nun kayak

Indicaba que se atopaba fronte as bateas, onde a Illa do Faro, estaba moi canso e non podía continuar

Unha embarcación de Salvamento rescatou onte, san e salvo, a un home que navegaba co seu kayak fronte á praia de Coroso, en Ribeira.

Foi o mesmo implicado, quen, ao fío das 20:00 horas da tarde pasada, pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que se atopaba fronte as bateas, onde a Illa do Faro, estaba moi canso e non podía continuar.

Foi nese momento, cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, que decontado enviou unha embarcación para facer o rescate. Así mesmo, informouse ao Servizo de GardaCostas de Galicia, á Policía Nacional, e aos membros do Grupo de Apoio de Emerxencias Municipal (GAEM) e de Protección Civil de Ribeira. Ademais, púxose en alerta ao persoal sanitario por si fose precisa a súa intervención.

Finalmente, a embarcación Salvamar Sargadelos rescatou ao home, con síntomas de esgotamento, e trasladouno ata o Porto de Ribeira onde o agardaba unha ambulancia do 061 para trasladalo ata o Hospital do Barbanza.

Comentarios
Lo más