Os dous ocupantes dun vehículo resultan feridos en Pobra de Trives tras caer por un barranco

Os dous ocupantes dun vehículo resultan feridos en Pobra de Trives tras caer por un barranco
Os dous ocupantes dun vehículo resultan feridos en Pobra de Trives tras caer por un barranco

Os servizos de emerxencia continuan no lugar do sinistro traballando na evacuación dos feridos

Dúas persoas resultaron feridas despois de precipitarse por un barranco o vehículo no que viaxaban.

O accidente ocorreu ao fío das 08:00 horas desta mañá cando o turismo circulaba pola estrada que une as localidades de Castro Caldelas e Trives, á altura de Pena Folenche, en Pobra de Trives. Foi un particular, quen a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, Indicaba que un coche acababa de caer por un barranco e que non vira saír aos ocupantes do seu interior. Ademais, engadía no seu relato que parecía que o coche fumeaba.

Con estes datos, decontado se pasou aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil da localidade. Debido á importancia do accidente, persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tras chegar ao lugar, os efectivos de Protección Civil confirmaron que o coche non ardía e que había dúas persoas no seu interior. Puideron sacar ao home do vehículo e tiñan que sacar á muller pola pola porta do condutor ao non abrir a do acompañante.Ademais, o terreo onde quedou o coche, no medio dun canal, dificultaba aos servizos de emerxencia chegar cos medios de excarceracion.

Os servizos de emerxencia continuan no lugar do sinistro traballando na evacuación dos feridos. 

Comentarios
Lo más