Nicolás Sartorius clausura o curso de Os Luns do Ateneo

Nicolás Sartorius clausura o curso de Os Luns do Ateneo
Nicolás Sartorius clausura o curso de Os Luns do Ateneo

O acto, que se desenvolverá no seu horario e localización habitual, ás 20h na Rúa do Vilar, 19, poñerá fin ao ciclo Os Luns do Ateneo do curso 2018-2019

Hoxe día 17 o Ateneo de Santiago clausurará a programación de actividades de Os Luns do Ateneo convidando, unha ocasión máis, a un personaxe ilustre do panorama español como é o avogado Nicolás Sartorius.

Cunha conferencia que leva o mesmo título que a súa última publicación, “A manipulación da linguaxe”, o ensaísta explicará o mal uso da linguaxe e dalgúns conceptos acuñados ao longo da historia, tanto polos políticos como polos medios de comunicación ou a sociedade en xeral.

O acto, que se desenvolverá no seu horario e localización habitual, ás 20h na Rúa do Vilar, 19, poñerá fin ao ciclo Os Luns do Ateneo do curso 2018-2019, facendo unha paréntese de tres meses no período estival para regresar con máis novidades o vindeiro mes de outubro.

O aristócrata Nicolás Sartorius é avogado especialista en Dereito laboral. Durante a súa etapa universitaria xa comezou a mostrar interese pola política pero non foi ata 1959 cando pasou a formar parte do Frente de Liberación Popular (FELIPE) e, máis tarde, do Partido Comunista de España (PCE). Colabora habitualmente no diario El País e no programa Hoy por hoy de Cadena SER e entre as súas obras destacan El final de la dictadura, La memoria insumisa ou La Unión Europea ante los grandes retos del siglo XXI. 

Comentarios