O BNG asumirá a concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais en Oroso

O BNG asumirá a concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais en Oroso
O BNG asumirá a concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais en Oroso

Os dous grupos aseguran que en vindeiros días publicarán o programa de goberno acordado conxuntamente

Tralos resultados electorais do pasado 26 de maio e despois de manter as pertinentes reunións de negociación entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Oroso,  ambas formacións políticas chegaron a un acordo de goberno que as dúas partes entenden "beneficioso e frutífero para seguir traballando e avanzando a prol do noso municipio".

"Neste momento estamos en condicións de anunciar que a cabeza de lista do BNG en Oroso, Isabel Fernández Gallego, pasará a ocupar a Concellaría de Mulleres, Ensino e Servizos Sociais", aseguraron nun comunicado a formación nacionalista

Os dous grupos aseguran que en vindeiros días publicarán o programa de goberno acordado conxuntamente e que consideran "o mellor para o noso Concello e a súa veciñanza".

Comentarios
Lo más