Dúas persoas feridas tras colidir dous vehículos en Mos

Dúas persoas feridas tras colidir dous vehículos en Mos
Dúas persoas feridas tras colidir dous vehículos en Mos

A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargou da limpeza vía

Esta madrugada, dez minutos antes das 04:00 horas, dúas persoas resultaban feridas ao colidir frontalmente dous turismos que circulaban pola A-55, antes da saída de Porteliña, ao seu paso por Mos.

Nada mais recibir a chamada de alerta dun particular, o 112 Galicia pasou aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos de Protección Civil. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar, os Bombeiros de Baixo Miño indicaron que non foi preciso o uso do material de excarceración e confirmaron o traslado de dous feridos ao centro hospitalario de referencia. A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargou da limpeza vía. 

Comentarios