Os órganos xudiciais galegos resolveron un 66,7 % máis de casos no primeiro trimestre do ano

Os órganos xudiciais galegos resolveron un  66,7 % máis de casos no primeiro trimestre do ano
Os órganos xudiciais galegos resolveron un 66,7 % máis de casos no primeiro trimestre do ano

Os asuntos en trámite na comunidade aumentan un 13,6 % como consecuencia da folga de funcionarios que afectou ao normal funcionamento dos xulgados de Galicia

Os órganos xudiciais galegos resolveron no primeiro trimestre do ano 85.139 asuntos, fronte aos 51.042 que se finalizaron no mesmo período de 2018, o que significa un 66,7 % máis, segundo o informe sobre a situación dos xulgados e tribunais feito público hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial. O documento evidencia as consecuencias da folga de funcionarios que desde febreiro ata maio de 2018 afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia. Ao finalizar o trimestre quedaron pendentes 154.323 asuntos, un 13,6 % máis que na mesma data do ano anterior, cando estaban en trámite 135.913.

O número de casos ingresados nos órganos xudiciais galegos no terceiro trimestre do ano foi de 86.060, fronte aos 59.667 do mesmo período de 2018, o que representa un aumento do 44,2 %. A entrada de asuntos experimentou un ascenso en todas as xurisdicións.

Datos por xurisdicións

Na xurisdición civil, o número de procedementos ingresados en Galicia no primeiro trimestre do ano foi de 36.157, o que supón un aumento do

51,3 % respecto ao mesmo período do ano anterior. Nese tempo resolvéronse 34.731 asuntos, un 81,2 % máis que en 2018, quedando en trámite ao final do período 79.766, un 20,2 % máis.

Na xurisdición penal entraron 38.547 asuntos, 267 de media por órgano xudicial, o que supón un 38,8 % máis que no primeiro trimestre de 2018. O número de casos resoltos foi de 38.964 e o de asuntos en trámite ao final do período de 41.765, un 5 % máis que o ano pasado.

Na xurisdición contencioso-administrativa ingresaron 2.383 procedementos entre os pasados 1 de enero e 31 de marzo, o que supón un 41,8 % máis que no mesmo período do ano anterior. Resolvéronse 2.600 asuntos, un 51,1 % máis, e quedaron en trámite 7.166, un 24,6 % máis que en 2018.

Por último, a xurisdición social experimentou un aumento na entrada de casos, xa que os 8.973 ingresados representan un 42 % máis que no primeiro trimestre de 2018. O número de procedementos resoltos nesta xurisdición foi de 8.844, un 49,4 % máis, e quedaron en trámite ao final do período 25.626, un 6,8 máis.

Taxa de litixiosidade

A taxa de litixiosidade en Galicia (31,9) no primeiro trimestre de 2019 incrementou máis de dez puntos con respecto ao ano pasado no mesmo período (21,2). Aínda así sitúase por baixo da media do conxunto do Estado, que foi de 34,6 asuntos por cada mil habitantes.

Datos por provincias

Entre os pasados 1 de enero e 31 de marzo na provincia da Coruña rexistráronse 32.203 asuntos e resolvéronse 31.153, un 58,3 % máis que no mesmo período de 2018. Pontevedra recibiu 30.088 casos, dos que finalizou 29.979. A provincia de Lugo ingresou 9.116 procedementos, case os mesmos que Ourense (8.625), dos que resolveron 8.946 (un 44,1 % máis) e 8.950 (98,4 % máis), respectivamente.

A Coruña e Pontevedra tiñan en trámite ao comezo do primeiro trimestre deste ano 62.118 e 51.336 asuntos, respectivamente, e, ao finalizalo, quedaron pendentes na Coruña 63.039 (un 16 % máis que en 2018) e, en Pontevedra, 50.260 (17,1 % máis que o ano pasado). Os xulgados de Lugo iniciaron o período con 19.369 casos sen resolver e finalizárono con 19.314, é dicir, un 6,5 % máis que o ano pasado nas mesmas datas. A provincia de Ourense tiña pendentes ao inicio do primeiro trimestre 14.304 procedementos, fronte aos 14.024 do 31 de marzo, é dicir, un 2,3 % máis con respecto ao final do primer trimestre do ano pasado.

Estes datos teñen que ser interpretados tendo en conta que durante a folga de 2018 se deixaron de rexistrar procedementos, o que provoca as baixas cifras do primeiro trimestre do ano pasado, así como a acumulación de asuntos que agora están sendo resoltos.

Comentarios