Noia mellora os colectores de saneamento no cruce entre Devesa do Marqués e a pista de Corral de Ousoño

Unhas obras acometidas con fondos propios a través da brigada municipal de Obras e que se prevé que estean rematadas ao longo da próxima semana

O Concello de Noia está a mellorar os colectores de saneamento na intersección entre Devesa do Marqués e a pista de Corral de Ousoño. Unhas obras acometidas con fondos propios a través da brigada municipal de Obras e que se prevé que estean rematadas ao longo da próxima semana .

O concelleiro de Obras en funcións, Martín Fernández Godón, explica que “dende hai tempo producíanse episodios de afundimento no firme debido ao mal estados dos colectores nesta intersección, con continuas filtracións cara o terreo. Con estas obras pretendemos solucionar definitivamente unha problemática para os veciños e veciñas da zona”.

Comentarios