Detectan un erro nas probas de selectividade de Filosofía

Detectan un erro nas probas de selectividade de Filosofía
Detectan un erro nas probas de selectividade de Filosofía


A realización desta proba, de carácter optativo, estaba prevista para as 11.00 horas en todos os centros de exame de Galicia


A detección dun erro na confección dos exames da materia Historia da Filosofía provocou que o fin da selectividade galega, previsto para o mediodía deste venres, tivese que pospoñerse ata a xornada de tarde.

A realización desta proba, de carácter optativo, estaba prevista para as 11.00 horas en todos os centros de exame de Galicia, pero o erro na súa elaboración provocou que ata 1.500 estudantes teñan que realizar dita proba ás 16.00 horas.

O defecto en cuestión débese a que o exame non se axusta á normativa fixada, debido a que mestura os dous grandes bloques nos que se divide a materia e que –conforme está establecido- deben conformar dúas opcións separadas para que os alumnos escollan cal realizar.

Neste caso, non se puido facer uso do exame de reposto previsto para este tipo de situacións, xa que tamén presentaba o mesmo erro.

Comentarios
Lo más