Educación abrirá unha investigación pola proba de selectividade

Educación abrirá unha investigación pola proba de selectividade
Educación abrirá unha investigación pola proba de selectividade

Carmen Pomar lamentou o sucedido esta mañá, especialmente polas molestias ocasionadas ao alumnado participante na proba

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pediralle á Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), -o organismo encargado do deseño e aplicación da ABAU-, que abra unha investigación para depurar responsabilidades ante os erros rexistrados no día de hoxe coa proba de Filosofía da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade).

A conselleira Carmen Pomar anunciou que vai convocar unha xuntanza urxente cos reitores das tres universidades de Galicia e co presidente da CIUG para analizar o acontecido con este exame e que se tomen as medidas necesarias para evitar que se repitan os erros.

Carmen Pomar lamentou o sucedido esta mañá, especialmente polas molestias ocasionadas ao alumnado participante na proba.

Comentarios
Lo más