Laborioso rescate para os servizos de emerxencia dos dous ocupantes do vehículo precipitado por un barranco en Trives

 O home puido ser trasladado polos servizos sanitarios en ambulancia

Os dous ocupantes do vehículo precipitado por un barranco esta mañá en Pobra de Trives foron evacuados despois dun laborioso rescate por parte dos servizos de emerxencia alí desprazados. O home puido ser trasladado polos servizos sanitarios en ambulancia. Pola contra, a muller, debido á gravidade das lesións, foi trasladada na aeronave que o 061-Urxencias Sanitarias desprazou ao lugar.

Ademais dos servizos sanitarios, no operativo, participaron os membros do GES de Castro Caldelas, efectivos de Protección Civil de Trives e a Garda Civil. Segundo indicaron, o rescate resultou ser moi complexo ao quedar o vehículo no medio do canal, que foi preciso baleirar para evacuar aos feridos ata onde se atopaban os medios sanitarios para ser trasladados.

Cómpre destacar que o accidente ocorreu sobre 08:00 horas desta mañá á altura de Pena Folenche, na estrada que une as localidades de Castro Caldelas e Trives.

Comentarios
Lo más