Accidente de gravidade no concello lucense de Sober

Accidente de gravidade no concello lucense de Sober
Accidente de gravidade no concello lucense de Sober

O outro ocupante foi  trasladado en ambulancia polo persoal sanitario

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración,  despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban, no concello lucense de Sober, á altura do cruceiro da Igrexa de Vilaescura.

Debido á gravidade das lesións dun dos ocupantes, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tras tomar terra no mesmo lugar dos feitos, trasladou a un dos feridos ata o centro hospitalario de referencia.  O outro ocupante foi  trasladado en ambulancia polo persoal sanitario.

Ata o lugar, ademais dos servizos sanitarios e, nada mais ser informados  polo 112 Galicia tras recibir a chamada da alerta ás 12:00 horas deste mediodía, desprazáronse os axentes de Tráfico,  os Bombeiros de Monforte e os efectivos de Protección Civil.

Comentarios