Manuel Taboada Vigo afronta a súa sexta lexislatura consecutiva alcalde de O Pino

Manuel Taboada Vigo afronta a súa sexta lexislatura consecutiva alcalde de O Pino
Manuel Taboada Vigo afronta a súa sexta lexislatura consecutiva alcalde de O Pino

Noris Núñez Rodríguez (PSOE) e José Fuentes Barreiro (PP) constituíron a mesa de idade

Onte celebrouse o acto de constitución da Corporación do Concello de O Pino, despois da correspondente celebración das eleccións do pasado 26 de maio. Tras acadar a maioría absoluta con 6 concelleiros, Manuel Taboada Vigo asumiu a súa 6ª lexislatura consecutiva como alcalde do municipio. PSOE e BNG completan o organismo con 3 e 2 concelleiros respectivamente.

No mediodía de onte, Manuel Taboada Vigo foi nomeado alcalde do Concello de O Pino, despois de conseguir por sexta vez consecutiva unha maioría absoluta nas eleccións do pasado 26 de maio. José Manuel Carreira López, Gerardo Pintor Gómez, Eva Varela Gago, Mercedes Vázquez Rodeiro e José Fuentes Barreiro forman o novo goberno que ten nos dous últimos as súas incorporacións máis recentes ás listas do PP do municipio.

Por unha banda, tomaron tamén posesión do seu cargo como concelleiros Óscar Vilar Chento, Inka Lareo Vaamonde e Noris Núñez Rodríguez como representantes do Partido Socialista de Galicia. Por outra, o Bloque Nacionalista Galego completa a o Concello de O Pino con Xosé Luís Vidal Brocos e Lucía Barreiro Capón. Para Lareo, Núñez (PSdeG) e Barreiro (BNG) esta lexislatura supón a súa estrea na Corporación.

No seu discurso de toma de posesión, Manuel Taboada quixo dar a benvida aos novos concelleiros e concelleiras e agradecer a súa labor aos que precederon. Coas súas palabras deixou claro que a súa prioridade é traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, por iso emprenderá proxectos como a ampliación da escola infantil Galiña Azul, a construción do Centro de día e a regulación dos pisos turísticos, entre outros. Taboada “asumiu con responsabilidade o cargo de alcalde de O Pino, tendo en conta a premisa de que os veciños son sempre o primeiro”.

Coa entrega do bastón de mando, o Concello de O Pino deu por comezada esta undécima lexislatura, dende que en 1979 se celebraron as primeiras eleccións democráticas municipais, que se presenta con moitos retos e oportunidades para afianzarse como pilar fundamental do Camiño de Santiago en vista ao Xacobeo 2021 e para consolidar a súa importancia como enclave da contorna da capital galega.

Comentarios