Ordes constitúe a súa nova corporación

Ordes constitúe a súa nova corporación
Ordes constitúe a súa nova corporación

José Luis Martínez Sanjurjo gobernará con maioría absoluta durante a lexislatura 2019-23, tras ser elexido alcalde cos nove votos a favor do seu grupo (PP), a abstención do BNG e o rexeitamento de UxO e PSdG-PSOE

Dende onte á mañá José Luis Martínez Sanjurjo pasa a ser, por segundo ano consecutivo, alcalde do Concello de Ordes. Así se acordou por parte da nova corporación que igualmente hoxe tomou posesión do seu cargo tras os xuramentos neste pleno de toma de posesión.

Unha sesión que transcorreu sengundo o esperado e que estivo presidida pola mesa de idade composta polos edís populares José Manuel Mira Gómez e Jessica López Varela. José Luis Martínez Sanjurjo proclamouse alcalde de Ordes para o mandato 2019-2023 grazas aos nove votos do seu propio grupo, mentres que o BNG (3) se abstivo e UxO (3) e PSdG-PSOE (2) votaron en contra.



Comentarios