Santiago volve a prepararse á borrasca que chega o martes

Santiago volve a prepararse á borrasca que chega o martes
Santiago volve a prepararse á borrasca que chega o martes

En Compostela a temperatura mínima acadará 12ºC e a máxima ata os 22ºC

Durante o luns Galicia estará nunha situación intermedia entre o anticiclón que nos afectou durante a fin de semana e unha borrasca que se achega polo Atlántico. 

Con esta situación, agárdanse ceos con nubes altas pola mañá, aumentando tamén as nubes medias pola tarde. 

Néboas matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral noroeste. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, máis significativo nás mínimas. En Compostela a temperatura mínima acadará 12ºC e a máxima ata os 22ºC.

Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable en xeral.

Comentarios