A USC comezará a pagar as retribucións mínimas a estudantes investigadores
E, agora, están "profundamente decepcionadas pola oportunidade perdida pola USC", xa que anunciou que se limitará a cumprir só os mínimos aos que entende que lle obriga a lei, mentres segue negándose a "atender as nosas demandas, a cumprir a súa propia normativa interna e, incluso, a sentenza xudicial que a condena a pagar a indemnización por extinción de contrato".A medida anunciada pola USC traduciríase en que algunhas persoas con contrato predoutoral de, por exemplo, 3 ou 4 anos (as duracións máis comúns de contratos vencellados a convocatorias de axudas públicas) estarían cobrando, respectivamente e segundo os mínimos asumidos pola USC na súa interpretación do EPIPF, 5.206,47 € ou 1.928,98 € menos que as persoas da súa mesma categoría, ás que si se lles está aplicando a normativa interna da USC e si se lles está pagando a indemnización. Todo isto segundo os cálculos feitos coas retribucións mínimas actualmente vixentes para ambas normativas e para a duración total do contrato.
O pasado mércores, 12 de xuño, o Xerente da Universidade de Santiago de Compostela anunciou que cumprirá a lei.
Así, tres meses despois da entrada en vigor do Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación (EPIPF), aprobado por R.D. 103/2019, a USC anuncia que o acatará e que empezará a pagar os salarios mínimos aos que está obrigada, posiblemente na nómina de xullo. É dicir, que aínda haberá que seguir agardando.
Desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela criticaron, no seu momento, a redacción final do EPIPF que aprobou o Goberno, pois non recollía algunhas das importantes demandas que o colectivo predoutoral lle tiña trasladado.
Logo, ficaron ao ver que a USC se negaba a aplicalo cando entrou en vigor. E, agora, están "profundamente decepcionadas pola oportunidade perdida pola USC", xa que anunciou que se limitará a cumprir só os mínimos aos que entende que lle obriga a lei, mentres segue negándose a "atender as nosas demandas, a cumprir a súa propia normativa interna e, incluso, a sentenza xudicial que a condena a pagar a indemnización por extinción de contrato".
A medida anunciada pola USC traduciríase en que algunhas persoas con contrato predoutoral de, por exemplo, 3 ou 4 anos (as duracións máis comúns de contratos vencellados a convocatorias de axudas públicas) estarían cobrando, respectivamente e segundo os mínimos asumidos pola USC na súa interpretación do EPIPF, 5.206,47 € ou 1.928,98 € menos que as persoas da súa mesma categoría, ás que si se lles está aplicando a normativa interna da USC e si se lles está pagando a indemnización.
Todo isto segundo os cálculos feitos coas retribucións mínimas actualmente vixentes para ambas normativas e para a duración total do contrato. É dicir, acatando así o EPIPF, a USC segue incumprindo, segue discriminando e segue aforrando cartos.