Feridos dous ocupantes de vehículos despois dun accidente en Verín

Feridos dous ocupantes de vehículos despois dun accidente en Verín
Feridos dous ocupantes de vehículos despois dun accidente en Verín

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:00 horas da tarde de onte

Os dous ocupantes dun vehículo foron excarcerados esta tarde do seu interior despois de saírse da vía. O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:00 horas da tarde de onte, cando o vehículo circulaba pola N-525, entre Fumaces e Verín.

Ata o lugar desprazáronse de inmediato ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Verín, que confirmaron a excarceración dos dous ocupantes do turismo. Tamén, desde o 112 Galicia púxose en alerta á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentarios