Un ciclista é ferido de gravidade

Un ciclista é ferido de gravidade
Un ciclista é ferido de gravidade

O ferido tivo que ser levado no helicóptero ata o CHUOU

En Vilamarín (Ourense), o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado este mediodía da caída dun ciclista que circulaba pola N-525, á altura do parque empresarial. Tras recibir a chamada do alertante, sobre as 13:30 horas de onte, o 112 Galicia informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico, aos Bombeiros do Carballiño e aos efectivos de Protección Civil de Coles e de Vilamarín. 

Debido á importancia das lesións que presentaba o ferido, os sanitarios confirmaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Finalmente, pese á gravidade, o ferido puido ser trasladado polos profesionais sanitarios nunha ambulancia.

Comentarios