Rescatan a sete tripulantes dun barco en Vigo

Rescatan a sete tripulantes dun barco en Vigo
Foto de arquivo
Rescatan a sete tripulantes dun barco en Vigo

A embarcación e os sete tripulante foron remolcados pola Salvamar Mirach ata o Peirao de Baiona

Sobre as 15:40 horas de onte, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar da rotura da correa de distribución da embarcación. Indicaba que se trataba dunha embarcación de recreo á deriva con sete tripulantes a bordo e que todos estaban ben, no lugar de Toralla, na Ría de Vigo, á altura da entrada do porto de Canido.

Así, despois de pasar aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de GardaCostas de Galicia, unha embarcación a “Salvamar Mirach” se dirixía ao lugar. Tamén, os xestores do 112 informaron á Policía Nacional e a Protección Civil e puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias por se fose precisa a súa intervención.

A embarcación e os sete tripulante foron remolcados pola Salvamar Mirach ata o Peirao de Baiona, onde quedou amarrada.

Comentarios