Alumnado do Lamas de Abade presenta a web do Instituto de Gagdets Tecnolóxicos

Alumnado do Lamas de Abade presenta a web do Instituto de Gagdets Tecnolóxicos
Alumnado do Lamas de Abade presenta a web do Instituto de Gagdets Tecnolóxicos

Este proxecto naceu no curso 2017-2018 da man do mestre de Filosofía e Psicoloxía do IES Lamas de Abade Francisco Javier Pérez Carrasco

O IES Lamas de Abande acolle á presentación da páxina web do Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos, que terá lugar hoxe martes 18 ás 17:00 horas no propio centro. 

Este proxecto naceu no curso 2017-2018 da man do mestre de Filosofía e Psicoloxía do IES Lamas de Abade Francisco Javier Pérez Carrasco. Nel participan alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato. 

Dende entón o IIGT ten realizado distintas actividades en torno ao emprego da telefonía móbil na adolescencia. Dende as xornadas da semana cultural "Oportunidade ou problema? O móbil ", celebradas en abril do 2018, até un estudo con enquisas realizadas en centros de educación secundaria compostelanos. E

ste martes presentaranse os resultados das enquisas, das que participaron máis de 1000 alumnos e alumnas de Compostela, e que xa se poden consultar na páxina web: https://www.iigt-ieslamasdeabade.com/


Comentarios