Veciños e veciñas de Lousame participaron na excursión aos Ancares e ao “Arde lucus”

Veciños e veciñas de Lousame participaron na excursión aos Ancares e ao “Arde lucus”
Veciños e veciñas de Lousame participaron na excursión aos Ancares e ao “Arde lucus”

Unha viaxe que serviu como clausura das actividades deportivas municipais do curso 2018/2019

Trinta veciños e veciñas de Lousame participaron este domingo nunha excursión  aos Ancares e á festa “Arde Lucus”, organizada polo Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte. Unha viaxe que serviu como clausura das actividades deportivas municipais do curso 2018/2019.  

A expedición saíu ás 7:45 horas da praza Teodomiro Hidalgo de Lousame cara aos Ancares, onde visitaron a aldea de Piornedo de Ancares e realizaron unha visita guiada ao castelo de Doiras. Xa pola tarde, os lousamiás desprazáronse ata a cidade de Lugo, onde participaron nunha das súas maiores festas: o “Arde Lucus”, para volver a casa pasadas as dez da noite.




Comentarios