Ames prepara todos os trámites para poñer o terreo a disposición da Xunta para a construcción do CEIP do Milladoiro

Ames prepara todos os trámites para poñer o terreo a disposición da Xunta para a construcción do CEIP do Milladoiro
Ames prepara todos os trámites para poñer o terreo a disposición da Xunta para a construcción do CEIP do Milladoiro

Dende o Concello estase a traballar na posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para construír un novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro, que se atopa no último trámite no Rexistro da Propiedade dende o 13 de maio de 2019

O Concello de Ames estase a traballar na posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para construír un novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro, que se atopa no último trámite no Rexistro da Propiedade dende o 13 de maio de 2019. A construción do novo CEIP do Milladoiro está incluída no Plan de Infraestruturas 2016-2020 da Xunta de Galicia e conta cun investimento estimado de 4 millóns de euros. Na visita realizada o luns pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, ao IES de Ames, ratificou o compromiso da Xunta na construción deste novo colexio para O Milladoiro e na ampliación do CEIP Agro do Muíño.

O Concello de Ames está traballando na posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para construír un novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro. No pasado mes de decembro, a Xunta de Goberno Local aprobou de xeito definitivo o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para poder executar o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para construír un novo CEIP na localidade do Milladoiro. O 13 de maio de 2019 iniciouse o trámite no Rexistro da Propiedade de Negreira para formalizar a posta a disposición da parcela, previo trámite de aprobación por parte do Pleno da Corporación.

Estas parcelas poranse a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta da Galicia, para a construción dun novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro. A superficie afectada polo Plan Especial, para a dotación de infraestruturas escolares, é de 20.000 metros cadrados, repartidos en 13 parcelas. A construción do novo CEIP do Milladoiro está incluída no Plan de Infraestruturas 2016-2020 da Xunta de Galicia e conta cun investimento estimado de 4 millóns de euros.

AMPLIACIÓN DO AGRO DO MUÍÑO

Por outra banda, este encontro serviu para que a Xunta ratificase o seu compromiso co Concello de Ames para ampliar e construír novas infraestruturas educativas. Cabe salientar que o Concello de Ames puxo a disposición da Xunta de Galicia unha parcela de 4.345m2 necesaria para ampliar o CEIP Agro do Muíño con 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña educativa máis.

O 27 de decembro de 2018 aprobouse por unanimidade do Pleno da Corporación de Ames poñer a disposición da Xunta de Galicia esta parcela. A Xunta de Galicia deberá agora remitir o convenio para a súa sinatura e iniciar as obras comprometidas ao carón do actual centro escolar. Para executar este proxecto cóntase cun orzamento de 900.000 euros.

Comentarios