O PPdeG insiste que a Xunta “cumprirá estritamente a lexislación para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”

“Defendemos tanto ao sector mineiro como pesqueiro, porque levan convivindo desde sempre e xerando emprego e riqueza para Galicia”, sinalou a deputada popular

A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu onte no Parlamento que “a Xunta de Galicia cumprirá estritamente a lexislación vixente, aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas, para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”.

Teresa Egerique criticou aos grupos da oposición pola súa “hipocrisía política e cinismo, xa que están a dicir que defenden o sector da minería en Galicia, que da emprego a máis de 5.000 persoas na nosa comunidade, pero están a poñer todas as trabas posibles para que os proxectos que se presentan poidan levarse adiante”. 

“Desde o PPdeG defendemos tanto ao sector mineiro como o sector pesqueiro, porque levan convivindo desde sempre e xerando emprego e riqueza para Galicia”, sinalou a portavoz popular.

Comentarios
Lo más