Bertamiráns e Milladoiro acolle esta semana unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia

Bertamiráns e Milladoiro acolle esta semana unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia
Bertamiráns e Milladoiro acolle esta semana unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia

O xoves 20 e o venres 21 estará no Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en Bertamiráns, e na rúa Curuxa (na intersección coa avenida de Rosalía de Castro), no Milladoiro, en horario de 15.30 a 21.00 horas

Os veciños e veciñas de Ames teñen unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o martes 18 e mailo mércores 19 de xuño ata Bertamiráns. O xoves 20 e o venres 21 estará no Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en Bertamiráns, e na rúa Curuxa (na intersección coa avenida de Rosalía de Castro), no Milladoiro, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación.

Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase esta semana ata Ames. Así, o martes 18 e o mércores 19 de xuño estará en Bertamiráns, mentres que o xoves 20 e o venres 21 desprazrase ata O Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en Bertamiráns, e na rúa Curuxa (na intersección coa avenida de Rosalía de Castro), no Milladoiro, en horario de 15.30 a 21.00 horas.

Comentarios