Ruptura total nas Mareas: suspenden a militancia aos diputados de Podemos no Parlamento

Ruptura total nas Mareas: suspenden a militancia aos diputados de Podemos no Parlamento
Ruptura total nas Mareas: suspenden a militancia aos diputados de Podemos no Parlamento

Segundo explicou Ana Seijas a situación que vive En Marea é o resultado da actitude de Podemos e a súa intención de "destruír as confluencias en todo o Estado"

A Coordinadora de En Marea suspendeu de militancia ás oito deputadas que firmaron o escrito designando ao senador autonómico que lle corresponde á formación política, incumprindo os seus compromisos políticos e ignorando o sistema de elección fixado por En Marea. A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, sinalou na súa intervención que todas as deputadas do grupo parlamentario son de En Marea e de ningunha outra formación política "como está firmado por cada unha delas no compromiso de 2016". 

Segundo Seijas, "unha vez que firmaron o documento de designación incumpriron formalmente os acordos e deben ser suspendidos de militancia". No mesmo sentido, explicou a vicevoceira, "deberán entregar as súas actas e abandonar o grupo parlamentario toda vez que están actuando á marxe de En Marea".

Segundo explicou Ana Seijas a situación que vive En Marea é o resultado da actitude de Podemos e a súa intención de "destruír as confluencias en todo o Estado". Segundo explicou Seijas "En Marea é unha víctima máis da intención de facer fracasar un proxecto político de verdade plural e de verdade transversal". A vicevoceira recordou que En Marea "non é propiedade de Podemos porque aquí só mandan as inscritas".

Para a vicevoceira da formación "de Vistalegre II saíu a intención de derribar as confluencias e en todos os episodios demostrouse que Podemos marcou unhas directrices contrarias a En Marea.

Tal e como explicou Seijas, o último episodio deste "desprezo" foron as declaracións do secretario xeral de Podemos Galicia no que chamaba directamente a "desoír unha decisión lexítima e democrática adoptada pola dirección de En Marea" sobre quen debe representar a En Marea no senado. A vicevoceira explicou que isto podería ser entendido como "golpismo político porque unha organización como Podemos non pode decidir sobre os deputados dunha formación soberana como En Marea".

Con estes antecedentes, Ana Seijas sinalou que esta mañá (18-06-2019) "un grupo de deputados/as escollidos por en Marea, desoíndo a proposta da dirección para a designación do senador autonómico que corresponde a EM porque así o quixo a cidadanía, asinaron un acta propoñendo un nome diferente ao de Mariló Candedo, malia seren cominados a respaldar esa proposta".

Esta actuación supón para a coordinadora de En Marea "un acto claro de transfuguismo político, pois está definido como o abandono dunha persoa deputada do partido polo que foi escollido. Estamos ante unha situación moi dolorosa para En Marea, pois unhas persoas que foron escollidas coa confianza da nosa organización se poñen ao servizo dos intereses doutra organización diferente".

Desde En Marea consíderase que non "é lexítimo é suplantar a vontade electoral das galegas e galegos decidida nas urnas en 2016. En 2016 a xente escolleu En Marea, o seu programa, os seus contidos, a súa organización e as súas siglas. A xente que foi candidata asinou uns acordos de respectar estes compromisos. En consecuencia, a vontade electoral descansa no proxecto de EM, non no de Podemos".

Comentarios