Os servizos de emerxencias acoden a rescatar ao condutor dun vehículo envorcado en Muras

Os servizos de emerxencias acoden a rescatar ao condutor dun vehículo envorcado en Muras
Os servizos de emerxencias acoden a rescatar ao condutor dun vehículo envorcado en Muras

Unha vez liberado o condutor foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia

Os servizos de emerxencias acudiron esta tarde ao concello lugués de Muras onde unha persoa resultou ferida grave tras colidir dous vehículos.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 17:30 horas de onte. Foi nese momento cando varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dun entre dous turismos, un deles envorcado, na estrada de Viveiro a Padrendo, ao seu paso pola parroquia de O Burgo no concello de Muras.

Decontado,  os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, dos Bombeiros de Viveiro e Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, deuse conta do acontecido aos voluntarios de Protección Civil de Ourol e do  servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más