Os traballadores da Lavacolla demandan que non se peche a cantina do aeroporto

Os traballadores da Lavacolla demandan que non se peche a cantina do aeroporto
Os traballadores da Lavacolla demandan que non se peche a cantina do aeroporto

Demandaron dende que non se peche este servizo no aeroporto para manter os postos de traballo

O Comité intercentros (UGT, CCOO, CIG e USO) dos traballadores que prestan os seus servizos no aeroporto de Santiago manifestáronse esta mañá na rotonda de “Casa Lorenzo” e remataron na terminal do aeroporto compostelá onde protagonizaron unha concentración.

Con esta mobilización queren demandar, unha vez máis, a continuidade da cantina do aeroporto para o persoal porque, o contrario, significa que os traballadores teñan que pagar os produtos ao mesmo prezo que os pasaxeiros. 

Isto afectaría a todo o persoal, de Aena, das compañías aéreas, empregados da limpeza, seguridade, servizos auxiliares e de calquera outra actividade que se desenvolva no aeroporto.

Comentarios