Codenan a dous comerciais dunha eléctrica por falsear contratos para cobrar comisións

Codenan a dous comerciais dunha eléctrica por falsear contratos para cobrar comisións
Codenan a dous comerciais dunha eléctrica por falsear contratos para cobrar comisións

Nos documentos, segundo consta na sentenza, poñían “sinaturas ficticias”. O tribunal impuxo a cada un dos acusados un ano de cárcere por cometer delitos de falsidade en documento privado e estafa en grao de tentativa

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou dous comerciais dunha empresa de electricidade por subscribir catorce contratos de subministración de enerxía a nome de particulares e empresas aos que realizaran ofertas “sen o seu coñecemento nin consentimento” co obxectivo de cobrar comisións. 

Nos documentos, segundo consta na sentenza, poñían “sinaturas ficticias”. O tribunal impuxo a cada un dos acusados un ano de cárcere por cometer delitos de falsidade en documento privado e estafa en grao de tentativa. Os xuíces tiveron en conta a atenuante de dilacións indebidas, pois os feitos sucederon en 2010.

“Excepto o prexudicado que se amosou parte e concretou cales foron os seus prexuízos, o certo é que os demais, outros trece, só sinalaron molestias ou contrariedades, pero non prexuízo patrimonial ningún”, indica a Audiencia. Por iso, conclúe que a estafa é en grao de tentativa, pois, aínda que ía “dirixida a enriquecerse, non chegou a obter lucro ningún”.

Comentarios