O PSdeG-PSOE designa aos seus representantes na Deputación da Coruña

O PSdeG-PSOE designa aos seus representantes na Deputación da Coruña
O PSdeG-PSOE designa aos seus representantes na Deputación da Coruña

A executiva provincial e a comisión de listas aprobaron onte os nomes dos 11 deputados e deputadas que integrarán o Grupo Socialista

O PSOE provincial designou nunha reunión mantida onte pola noite aos seus representantes na Deputación da Coruña para o próximo mandato.

E concreto, tanto a executiva provincial como a comisión de listas aprobaron os nomes dos 11 deputados e deputadas que integrarán o Grupo Provincial Socialista. 

Os socialistas pasaron de 8 a 11 deputados, incrementando un deputado máis nos partidos xudiciais de Coruna, Santiago e Noia. Valentín González Formoso será o candidato do PSOE a presidir a Deputación. A súa candidatura foi refrendada cun 98% de apoios no comité provincial, no que están representadas todas as agrupacións socialistas da provincia.

Na reunión de onte, a Comisión Provincial de Listas, tras revisar a proposta remitida pola Executiva Provincial para elaborar as candidaturas dos deputados e deputadas provinciais, aprobou as seguintes candidaturas: no Partido Xudicial de Ferrol, Valentín González Formoso (As Pontes) e Ana Lamas Villar (Ferrol);  no Partido Xudicial de Betanzos, Bernardo Fernández Piñeiro (Pontedeume); no Partido Xudicial da Coruña, José Manuel Lage Tuñas (A Coruña), Cristina Capelán Cancelo (Cerceda) e José Ramón Rioboo Castro (Culleredo); no Partido Xudicial de Corcubión, José Manuel Pequeño Castro; no Partido Xudicial de Noia, Sandra González Castro (Noia), e no Partido Xudicial de Santiago, Antonio Leira Piñeiro (Oroso), María Milagros Castro Sánchez (Santiago) e José Blas García Piñeiro (Ames). 

Comentarios