Evacúan un home en helicóptero despois de caer do seu tractor en Focarei

Evacúan un home en helicóptero despois de caer do seu tractor en Focarei
Evacúan un home en helicóptero despois de caer do seu tractor en Focarei

Sucedeu en Levoso, uns minutos despois das 09:00 horas

Un home tivo que ser trasladado no helicóptero medicalizado con base en Santiago despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba nunha eira en Forcarei. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo agrícola chocou contra unha árbore e pasou por encima do varón cando caeu.

Sucedeu en Levoso, uns minutos despois das 09:00 horas. Foron os servizos sanitarios de urxencia os que alertaron ao 112 Galicia do accidente.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, aos Bombeiros do Deza e aos efectivos do GES da Estrada.

Finalmente, o home ferido foi trasladado na aeronave ao Hospital Montecelo.

Comentarios