Un incendio na campá extractora dunha vivenda en Arteixo deixa dúas persoas trasladadas

Un incendio na campá extractora dunha vivenda en Arteixo deixa dúas persoas trasladadas
Un incendio na campá extractora dunha vivenda en Arteixo deixa dúas persoas trasladadas

Sucedeu na rúa Aurelio Rivalta, en Oseiro, ao fío das 19:10 horas de onte

Dúas persoas precisaron asistencia médica a pasada tarde en Arteixo despois de declararse un incendio na campá extractora dunha vivenda. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as dúas persoas afectadas tiveron que ser evacuadas ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Sucedeu na rúa Aurelio Rivalta, en Oseiro, ao fío das 19:10 horas. Nese momento varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arteixo, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Policía Local.

Comentarios