O Make Faire Galicia terá lugar no Gaiás con tres xornadas exclusivas para profesionais

O Make Faire Galicia terá lugar no Gaiás con tres xornadas exclusivas para profesionais
O Make Faire Galicia terá lugar no Gaiás con tres xornadas exclusivas para profesionais

As xornadas profesionais da Maker Faire Galicia terán lugar o 3, 4 e 5 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia

O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. As xornadas profesionais organízanse coa colaboración de APD (Asociación para o Progreso da Dirección).

Durante os tres días as persoas asistentes poderán consultar os stands das empresas expositoras, ademais dos makers que participan na xa habitual competición de proxectos. Na xornada do mércores as temáticas a tratar serán a enerxía, a mobilidade e a intelixencia artificial, a través de mesas de debate nas que participarán empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Indra entre outras.

O xoves 4 de xullo abordarase a robótica, a ciberseguridade e o Open Data, tamén a través de empresas de referencia como KUKA, Siemens, NEC ou Balidea.

O broche final ás xornadas profesionais será a xornada do 5 de xullo na que se explorará a conexión entre o mundo maker e a industria 4.0 a través de charlas con relatores de referencia internacional como Justin Berger, de IKEA, ou Mariano Silveyra, de Cabify. Na mesa de industria 4.0 participarán empresas galegas de recoñecido prestixio como Finsa, Plexus, Televés, Kaleido ou Alén Space que analizarán a súa traxectoria e o paso “do garaxe” ao mercado. Tamén contaremos cunha mesa onde estarán as aceleradoras de Telefónica, Airbus, F. Iniciativas e Cuatrecasas, que analizarán as oportunidades que teñen os makers para levar os seus proxectos ó mercado.

Nesta xornada tamén se desvelerán os 3 mellores proxectos makers profesionais, que competirán por ese primeiro posto ante un xurado de expertos. Finalmente rematará cun xantar networking no que se fomentará o intercambio de opinións entre os asistentes e os relatores.

Comentarios