Juan Amoedo presenta o seu novo espectáculo "La máquina del tiempo"
06:30 24/06/19
06:30 24/06/19
Estará o 28 de xuño no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela
Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá o novo espectáculo do humorista sevillano Juan Amoedo, La máquina del tiempo. As representacións serán os días venres 28 de xuño, a partir das 20.30 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Neste novo espectáculo, o humorista Juan Amoedo, di que "contará o que os libros de historia ocultaron sobre algúns dos feitos máis relevantes do noso pasado e por suposto, como boa máquina do tempo, tamén viaxará ao futuro, xa que se só viaxase ao pasado o espectáculo chamaríase "la máquina del pasado", non 2la máquina del tiempo".