Os maiores de ximnasia de mantemento e Mente Activa do Concello de Brión fan unha visita guiada a Santiago

Esta actividade pon o broche de ouro ao curso 2018/2019 de ambas actividades promovidas polo Concello de Brión para favorecer o envellecemento activo

Unha trintena de maiores dos cursos de ximnasia de mantemento e Mente Activa do Concello de Brión veñen de realizar unha visita guiada a Santiago de Compostela. 

Acompañados pola súa monitora, Elena Remesar, os maiores fixeron un percorrido guiado por distintos enclaves do casco histórico compostelán, aproveitando para visitar o renovado Pórtico da Gloria así como outros enclaves como o Hostal dos Reis Católicos e os pazos de Xelmírez e Fonseca. 

Esta actividade pon o broche de ouro ao curso 2018/2019 de ambas actividades promovidas polo Concello de Brión para favorecer o envellecemento activo.

Comentarios