A Escola Municipal de Música de Rois ten aberto o prazo de matrícula ata o 28 de xuño

A Escola Municipal de Música de Rois ten aberto o prazo de matrícula ata o 28 de xuño
A Escola Municipal de Música de Rois ten aberto o prazo de matrícula ata o 28 de xuño

O prazo para presentar toda a documentación remata o 28 de xuño

Nenos e maiores que teñan afección pola música xa se poden matricular na Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois ata o vindeiro 28 de xuño para recibir formación en diferentes instrumentos, linguaxe musical e música e movemento o vindeiro curso 2019-2020. A partir de 15 euros ao mes pódese formar parte dunha escola que programa numerosas actividades durante todo o curso escolar, con concertos didácticos e intercambios con outras escolas, algúns deles internacionais.

A Escola Municipal de Música de Rois admite alumnos a partir dos tres anos ata adultos de calquera idade. Entre os 3 e 8 anos, nenos e nenas poden participar nas clases de música e movemento, para comezar xa con algún instrumento a partir desta idade.

Linguaxe musical, frauta, oboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, acordeón, guitarra, baixo eléctrico, piano, percusión, batería e canto son os instrumentos e especialidades que ofrece a ESMU, que no pasado curso contou con máis de 70 alumnos e alumnas.

As persoas interesadas deberán cubrir o formularion de matrícula que se atopa na web do Concello de Rois, facer o pagamento no banco e entregar a documentación, xunto con dúas fotografías e copia do DNI ou libro de familia nas oficinas do concello. Os prezos oscilan entre os 15 euros mensuais para música e movemento, e os 40 euros ao mes por clases dun instrumento, linguaxe musical e grupo instrumental.

Tamén se contemplan descontos polo pago anual, matricularse en máis dunha actividade ou se varios membros dunha mesma familia acoden á Escola de Música.

Na ESMU de Rois preparan tamén ao alumnado para facer o exame de ingreso no conservatorio de grado profesional, intercambios musicais con outras escolas e algúns deles internacionais, e concertos durante todo o ano, ademais de concertos didácticos.

Nos dous últimos anos, alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois participaron nun intercambio en Venecia coa Escola Comprensiva Franca Ongao e o Liceo Musical de Venecia (en maio de 2018 puideron coñecer a cidade italiana), e, en abril deste mesmo ano, participaron noutro intercambio en Hungría, na localidade de Pasztó. En ambos casos estiveron acompañados por representantes do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima.

Comentarios
Lo más