Rois presenta o sábado un documental sobre a industria e a actividade económica do concello

Rois presenta o sábado un documental sobre a industria e a actividade económica do concello
Rois presenta o sábado un documental sobre a industria e a actividade económica do concello

Producido por Xurdir, na presentación intervirán o alcalde Ramón Tojo e Pilar Freire, profesora da USC

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e a profesora do departamento de Economía Aplicada da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC Pilar Freire Esparís, intervirán este sábado na presentación do documental ‘Rois, feito de soños’, un trabalo audiovisual no que se recolle a industria e a actividade económica do concello de Rois.

‘Rois, feito de soños’ é un documental producido por Xurdir no que se recollen algunhas das empresas e actividades máis sobranceiras de Rois en diferentes ámbitos e ten como finalidade dar a coñecer o potencial económico e innovador que hai no concello.

O documental será presentado por Ignacio Seijo, director de Xurdir, e a responsable de produción, Noelia Francisco. No acto, Pilar Freire botaralle “Unha ollada histórica á actividade empresarial nos concellos rurais’.

A presentación deste documental celebrarase no auditorio municipal de Rois este sábado, día 22, a partir das 20.30 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforo. Ao remate do acto os asistentes participarán nunha degustación de produtos da terra.

Comentarios