O Colexio Divino Maestro gañadores do proxecto de educación financeira de ABANCA

O Colexio Divino Maestro gañadores do proxecto de educación financeira de ABANCA
O Colexio Divino Maestro gañadores do proxecto de educación financeira de ABANCA

Nesta primeira edición do programa participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 años de 274 centros escolares de toda España.O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago e as súas profesoras Elvira García, Raquel Rey e Mónica Fernández recibiron o seu premio, outra experiencia educativa para toda a clase, da man de Sonia Lucio, directora comercial de ABANCA Seguros, e Ana Mirás Chico, directora da oficina Santiago-Rosalía de Castro de ABANCA. Nesta categoría, os estudantes elaboraron un completo proxecto para crear unha start-up no ámbito dos seguros pensada por e para adolescentes, no que incluíron o nome e logotipo da empresa, o seu modelo de negocio, a estratexia de mercado e o público obxectivo ao que se dirixía.

A Obra Social ABANCA vén de entregar os premios da primeira edición do proxecto de educación financeira Segura-Mente ABANCA ao Centro Plurilingüe Colexio Divino Maestro de Santiago de Compostela, gañadores do concurso nas categorías de 1º a 4º de ESO e FP Básica.

Os traballos presentados polos equipos destes dous centros escolares galegos destacaron entre todos os recibidos pola súa orixinalidade, singularidade e calidade, así como pola súa creatividade. Nesta primeira edición do programa participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 años de 274 centros escolares de toda España.

O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago e as súas profesoras Elvira García, Raquel Rey e Mónica Fernández recibiron o seu premio, outra experiencia educativa para toda a clase, da man de Sonia Lucio, directora comercial de ABANCA Seguros, e Ana Mirás Chico, directora da oficina Santiago-Rosalía de Castro de ABANCA. 

Nesta categoría, os estudantes elaboraron un completo proxecto para crear unha start-up no ámbito dos seguros pensada por e para adolescentes, no que incluíron o nome e logotipo da empresa, o seu modelo de negocio, a estratexia de mercado e o público obxectivo ao que se dirixía.

Comentarios